Os fungos
Reino dos fungos.Características xerais: Organismos unicelulares ou pluricelulares eucariotas. As súas células teñen parede celular, pero é diferente da que teñen as células vexetais.
Función de nutrición.
Son heterótrofos.
Nacen sobre a materia orgánica (follas, restos de animais,....).
Segregan substancias para descompoñer a materia orgánica e despois, absórbena.
Función de relación.
A maioría viven fixos no solo.
Algúns unicelulares viven no solo, sobre froitas, no néctar das flores,...
Son os que coñecemos xeralmente como fermentos.
Función de reprodución.
Asexual.
Esporas.
Tipos de fungos.
Unicelulares: Os fermentos.
Fermentación.
Pluricelulares: Mofos e cogomelos.
Hifas: Filamentos de células dispostas en ringleira.
Micelio: Conxunto de tódalas hifas.
Cogomelo: Fungo que sobresae do chan.
Estructura:
Sombreiro.
Láminas.
Pé.
Anel.
Volva.
Os fungos e as persoas.
Beneficiosos.
Para obter antibióticos.
Como alimento.
Prexudiciais.
Poden provocar enfermidades graves.
Poden provocar pequenas ou grandes infeccións da pel.
Hainos velenosos.
Poden provocar pequenas indisposicións.
Poden provocar intoxicacións.
Poden provocala morte.
Modos de vida dos fungos.
Os que se alimentas de organismos mortos (saprófitos).
Forman o humus e reciclan a materia orgánica.
Os que viven en asociación con outros organismos (simbiose).
Os liques (asociación simbiótica de alga e fungo).
Os parasitos.
Causantes de moitas pragas nas plantas (podremia da pataca, caruncho do centeo,...).
Causantes de enfermidades da pel de moitos animais.
Os depredadores.
Especializados en capturar pequenas presas das que se alimentan.